Saltar ao contido

José Varela Puentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Varela Puentes
Biografía
Nacementoc. 1892 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 1980 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Vilamateo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilarmaior
1936 – 1936 (destitución) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, maquis Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Varela Puentes, finado en Vilamateo (Vilarmaior) o 26 de xullo de 1980,[1] foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Galeguista. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado presidente da xestora de Vilarmaior que quedou constituída o 23 de maio de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado até 1941. Nese ano conseguiu reintegrarse á vida normal. Despois foi enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, sendo o número tres da organización estruturada por Francisco Rey Balbís "Moncho", e dedicándose a conseguir armas a través de compañeiros empregados na Fábrica de Armas da Coruña. Foi detido en 1951, e saíu da cadea en 1967. Finou en Vilamateo con 88 anos.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Vilarmaior
 
1936
Sucesor:
?
  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-7-1980, p. 40.
  2. El Pueblo Gallego, 29-5-1936, p. 13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]