José Veloso Mayo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1886 Muros, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Muros | |
1936 – 1936 (destitución) ← Manuel Tobío Romaní | |
Actividade | |
Ocupación | político, carpinteiro |
Partido político | Izquierda Republicana |
Cronoloxía | |
26 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936 | evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa |
José Veloso Mayo, coñecido como Trotsky, nado en Muros cara a 1886, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Esteiro e carpinteiro. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Muros e cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde interino de Muros. Logrou fuxir a Bilbao nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa.
Combateu no exército republicano. Foi detido en Santander. Prisioneiro de guerra, foi enviado ao Batallón de Traballadores número 26. Xulgado na Coruña por rebelión, fora declarado en rebeldía, e ao ser detido retómase o seu procesamento, sendo condenado á pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua, que finalmente quedou reducida a 12 anos de reclusión menor. Cumpriu condena nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares onde lle foi concedida a liberdade provisional sen a liberación do desterro en 1943.[1]
Predecesor: Manuel Tobío Romaní |
Alcalde de Muros 1936 |
Sucesor: Adolfo del Sel Portillo |