José de Churriguera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Benito de Churriguera Navarro ![]() 21 de marzo de 1665 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 2 de marzo de 1725 ![]() As Palmas de Gran Canaria, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, escultor ![]() |
Xénero artístico | Churrigueresco ![]() |
Familia | |
Fillos | Nicolás Churriguera ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Iglesia_de_San_Cayetano_1_edited.jpg/220px-Iglesia_de_San_Cayetano_1_edited.jpg)
José Benito de Churriguera, nado en Madrid o 21 de marzo de 1665 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1725, foi un arquitecto barroco español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/San_esteban_churriguera.jpg/220px-San_esteban_churriguera.jpg)
Proxectou, entre outras obras, as igrexas de San Cayetano, Santo Tomás, o antigo Palacio Goyeneche (actual sede da Real Academia de Belas Artes en Madrid) e o lugar de Nuevo Batzán, ademais do retablo do convento de San Esteban, en Salamanca. O seu estilo coñécese como churrigueresco.
A maior parte da súa obra está inserida na tradición cortesá pero introducindo innovacións transcendentais, na súa primeira etapa predominan os retablos caracterizados pola grandiosidade da traza, o dinamismo da planta, o remate en cuarto de esfera, as columnas salomónicas no corpo principal, as estatuas situadas nos intercolumnios, a talla virtuosista decorada frondosamente que non rompe a estrutura arquitectónica, asemade o resplandor do dourado reforza a atracción que exerce no espectador.
A partir de 1709, en Nuevo Batzán, obsérvase unha maior influencia do clasicismo francés nos motivos ornamentais e estruturais.