José de la Cuesta Crespo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1849 Pontevedra, España |
Morte | 13 de xaneiro de 1893 (43 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xurista, xornalista |
José de la Cuesta Crespo, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1849 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1893, foi un xurista, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito e diplomacia na Universidade de Madrid. Colaborou no periódico La Reforma, de Madrid, no diario El Progreso de Pontevedra, onde publicou o artigo “Pontevedra juzgada por su naturaleza”, en La Unión Gallega e foi redactor de La Patria (1886). En 1887 fundou a revista La Ley, que se editou ata a súa morte. Foi membro correspondente da Sociedad Arqueológica de València, socio da Economía Matritense e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela.
Obras
[editar | editar a fonte]- Clases pasivas civiles y militares.
- El derecho de las clases pasivas, 1889.
- El procedimiento administrativo, 1890.