José del Río Dieste
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Boiro, España ![]() |
![]() | |
19 de agosto de 1988 – 1991 ← Manuel Velo Velo – Manuel Velo Velo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, mariñeiro ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
José del Río Dieste, nado en Boiro, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mariñeiro. Foi o número 8 das listas do PSdeG-PSOE en Boiro nas eleccións municipais de 1983, se ben non resultou elixido. Nas municipais de 1987 foi elixido concelleiro polo PSdeG-PSOE, que obtivo a maioría absoluta. Porén, el e outros edís socialistas aliáronse cos partidos da oposición (AP, CDS e CPG) para facer unha moción de censura contra o alcalde Manuel Velo Velo en febreiro de 1988. A moción votouse finalmente o 19 de agosto de 1988, sendo elixido novo alcalde de Boiro. Concorreu ás municipais de 1991 encabezando a candidatura do BNG, porén non conservou a alcaldía xa que foi amplamente derrotado polo PSdeG-PSOE, sendo a terceira forza política tralos socialistas e populares con tan só 3 concelleiros, polo que Velo recuperou a alcaldía. Nas municipais de 1995 encabezou de novo o BNG de Boiro, pero perdeu toda a súa representación na corporación, habendo incluso papeletas nacionalistas co seu nome tachado[1].
Predecesor: Manuel Velo Velo |
![]() Alcalde de Boiro 1988 - 1991 |
Sucesor: Manuel Velo Velo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nova en La Voz de Galicia ed. Barbanza, 30-5-1995, p. 41.