Josef Bican
(1940) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1913 Viena, Austria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 12 de decembro de 2001 (88 anos) Praga, República Checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemitério Vyšehrad (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Pepi, Manolo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Viena Praga Hradec Králové (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol, deportista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 6 de setembro de 1931 - 1957 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Austria Checoslovaquia Protectorado de Bohemia e Moravia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1934 | Mundial de Fútbol Italia 1934 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | regional database of the Municipal Library of Hradec Kralove (en) >>>:Bican, Josef, 1913-2001, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Josef "Pepi" Bican, nado en Viena o 25 de setembro de 1913 e finado o 12 de decembro de 2001, foi un dos grandes futbolistas austríacos e checoslovacos de tódolos tempos. Gañou cinco veces a Bota de Ouro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xuventude
[editar | editar a fonte]Os seus pais eran Ludmila, unha vienesa de orixe checa e Frantisek, que viña de Sedlice, na zona sur de Bohemia. O pai de Josef foi futbolista, e xogou para o Hertha Vienna. Aínda que volveu ileso da primeira guerra mundial, morreu moi novo, aos 30 anos. A causa foi unha magoadura nos riles da que rexeitou operarse, por mor dun golpe nun encontro de fútbol.
A súa nai traballaba na cociña dun restaurante. O pouco que gañaba non daba para comprar unhas botas, así que Josef comezou a xogar ao fútbol descalzo. Isto curiosamente fixo que logo desenvolvera moita habilidade no manexo do balón.
Bican asistía á escola Jan Amos Komensky, unha escola checa de Viena. Aos 12 anos comeza a xogar para os xuvenís do Hertha Viena. Cando chega ós 18 anos, é fichado polo Rapid Viena, que nese entón era un dos grandes clubs da cidade.
Unha das poucas veces que a súa nai foi ve-lo xogar co Rapid, anoxouse moito cunha falta que lle fixeran ó seu fillo, e, tras saltar dende a bancada paraugas en man, comezou a bater no opoñente de Josef.
Entre as súas virtudes destacou sobre todo a súa velocidade: era quen de correr os 100 metros en 10,8 segundos, que constituiría unha magnífica marca no atletismo da época.
Seleccións
[editar | editar a fonte]O 29 de novembro de 1933 con 20 anos e 64 días fai o seu debut coa selección austríaca, nun encontro contra a Escocia que rematou 2-2.
Ao ano seguinte, participou con Austria no Mundial de Fútbol Italia 1934, chegando ata as semifinais. No encontro polo terceiro posto perderon coa Alemaña por 3-2.
En 1937 Josef Bican deixa a cidade de Viena para xogar co Slavia Praga. Alí converteuse en cidadán checoslovaco.
Non puido disputar o mundial de 1938 por un erro burocrático, mais si fixo diversas aparicións coa selección checoslovaca. Tamén xogou varios encontros con Bohemia e Moravia. En total, 29 goles en 34 encontros internacionais. O seu derradeiro encontro de seleccións foi en 1949 con Checoslovaquia e contra Bulgaria. Perderon por 3-1.
A Posguerra
[editar | editar a fonte]Despois da segunda guerra mundial algúns dos mellores clubs de Europa andaban tentando facerse cos servizos de Bican. A Juventus ofreceulle unhas magníficas condicións mais el desestimounas por mor duns rumores que dicían que os comunistas estaban a piques de chegar ó poder en Italia. Decidiu ficar en Praga e, curiosamente, os comunistas chegaron ao poder alí en 1948. Bican rexeitou unirse ao Partido Comunista, tal coma rexeitara unirse ao Partido Nazi.
Bican tentou de mellorar as súas relacións cos comunistas fichando polo Vitkovice Zelezarna. En 1951 foise para o Hradec Králové pero o 1 de maio de 1953 o Partido Comunista obrigouno a abandonar o club e a cidade. Volvería entón ao Slavia Praga, onde ficou ata 1955, retirándose do fútbol con 42 anos.
Cando Pelé estaba a piques de chegar aos 1000 goles moitos xornalistas andaban á procura doutro xogador que tivera superado o millar. E así apareceu o nome de Bican, que sostiña ter anotado 5000 goles. Cando lle preguntaron por que non falaba nunca do asunto, Bican respondeulles: "Quen me vai crer se digo que marquei cinco veces máis goles que Pelé?". Esta cifra semella excesiva e a única fonte documentada son os goles que anotou en liga e coas seleccións (ver táboa abaixo).
Josef "Pepi" Bican pasou os seus derradeiros meses nun hospital, aqueixado de problemas de corazón. Morreu aos 88 anos de idade.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Tempada | Club | Encontros | Goles |
1937/38 | Slavia Praha | 19 | 22 |
1938/39 | Slavia Praha | 21 | 29 |
1939/40 | Slavia Praha | 20 | 50 |
1940/41 | Slavia Praha | 22 | 38 |
1941/42 | Slavia Praha | 20 | 45 |
1942/43 | Slavia Praha | 20 | 39 |
1943/44 | Slavia Praha | 23 | 57 |
1945/46 | Slavia Praha | 17 | 31 |
1946/47 | Slavia Praha | 22 | 43 |
1947/48 | Slavia Praha | 13 | 20 |
1948 | Slavia Praha | 7 | 21 |
1949 | Vítkovické Železárny | (II) | - |
1950 | Vítkovické Železárny | 21 | 22 |
1951 | Vítkovické Železárny | 12 | 8 |
1952 | Hradec Králové | (II) | - |
1953 | Slavia Praha | 8 | 7 |
1954 | Slavia Praha | 14 | 11 |
1955 | Slavia Praha | 7 | 4 |
1937-55 | Total | 266 | 447 |
Foi 12 máximo anotador de liga na súa carreira e 5 veces Bota de Ouro.
- Futbolistas de Austria
- Futbolistas da República Checa
- Futbolistas de Checoslovaquia
- Xogadores da selección de fútbol de Austria
- Xogadores da selección de fútbol de Checoslovaquia
- Dianteiros de fútbol
- Bota de Ouro
- Nados en Viena
- Nados en 1913
- Finados en 2001
- Xogadores do SK Rapid Wien
- Xogadores do SK Slavia Praha
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934
- Xogadores do FC Hradec Králové