Josefina Valencia de Hubach
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Josefina Valencia Muñoz 22 de setembro de 1913 Popayán, Colombia |
Morte | 4 de outubro de 1991 (78 anos) Madrid, España |
Senador de Colombia | |
Ministro de Educación de Colombia | |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, suffragette, política |
Partido político | National Popular Alliance (en) |
Familia | |
Pai | Guillermo Valencia Castillo |
Irmáns | Guillermo León Valencia Álvaro Pío Valencia |
Josefina Valencia de Hubach, nada en Popayán, Cauca o 22 de setembro de 1913 e finada en Madrid, España o 4 de outubro de 1991, foi unha política colombiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada como Josefina Valencia Muñoz, filla do mestre Guillermo Valencia e irmá do expresidente da República Guillermo León Valencia.[1] Tivo unha infancia e mocidade privilexiada e dende moza aproveitou a súa posición social para liderar unha serie de obras sociais na súa rexión natal e para promover a igualdade de dereitos para as mulleres. Dende 1943, estivo casada co xeólogo chileno de ascendencia alemá Enrique Hubach Eggers, quen durante décadas traballou en Colombia, e con quen tivo dúas fillas.
Traxectoria pública
[editar | editar a fonte]Cando o xeneral Gustavo Rojas Pinilla tomou o poder en 1953, Josefina uniuse ó movemento nacional formado en torno seu, mentres que o seu irmán Guillermo León, entón distinguido parlamentario do Partido Conservador tomou parte na oposición. Como recompensa polo seu decidido apoio ó goberno nacional, a señora Valencia de Hubach foi nomeada polo xeneral Rojas como membro da Asemblea Nacional Constituínte (ANAC) en 1954 (dos 70 membros da ANAC só dúas eran mulleres, a outra era Esmeralda Arboleda, futura senadora e ministra), Gobernadora do Cauca en setembro de 1955, e un ano despois foi designada Ministra de Educación, cargo que exerceu até a caída de Rojas en maio de 1957; así, converteuse na primeira muller na historia de Colombia en exercer os cargos de gobernadora e mais de ministra.
A Xunta militar que sucedeu a Rojas nomeouna Embaixadora ante a Unesco (1957-1958). Posteriormente foi elixida senadora pola nacente Alianza Nacional Popular durante a década de 1960.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Episodios sobre la aprobación del voto femenino en Colombia". Revista Semana.