Josefina Vilas Raña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1918 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 5 de abril de 2002 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cociñeira ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ![]() |
Josefina Vilas Raña, nada en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1918 e finada na mesma cidade o 4 de abril de 2002, foi unha restauradora galega propietaria do recoñecido restaurante Vilas de Compostela.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A casa de comidas Vilas foi fundada en 1915 polos seus pais, e despois ela, segunda de sete irmáns, continuou o negocio familiar conseguindo unha gran sona nas guías gastronómicas a nivel nacional, e tamén polos clientes ilustres que comeron no seu restaurante.[1]
Casou con 18 anos de idade con Andrés Porto Seoane, co que tivo tres fillos, Xosefina (relixiosa), Moncho e Paco. Despois dela o restaurante foi dirixido polo seu fillo Francisco.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O restaurante Vilas pasou a ser un dos referentes da gastronomía galega grazas ó seu traballo, e por isto concedéronlle varios premios, entre os que se atopan a Medalla de Bronce de Galicia en 1991, a Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela, a medalla do mérito turístico e o título de Gran Cociñeira do País Galego da asociación Amigos da Cociña Galega.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 “Vilas Raña, Josefina”, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 328. ISBN 84-85311-96-5.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 597. ISBN 84-8064-113-4.