Josep Peiró
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Badalona, España |
Morte | 28 de outubro de 2005 (87/88 anos) |
Josep Peiró Olives, nado en Badalona en 1917 e finado en París o 28 de outubro de 2005, foi un dirixente anarquista español.
Fillo de Joan Peiró, dirixente anarcosindicalista español da CNT que foi Ministro de Industria durante a Segunda República Española.
Josep Peiró participou como voluntario na guerra civil española na fronte de Aragón. Fuxiu co seu pai a Francia, camiño do exilio, en febreiro de 1939, pouco antes de finalizar a contenda. Participou ao iniciarse a segunda guerra mundial na Resistencia francesa á ocupación nazi e viviu o resto da súa vida en París.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |