Joseph Cugnot
Aparencia
Nome orixinal | (fr) Nicolas-Joseph Cugnot |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de setembro de 1725 Void-Vacon, Francia |
Morte | 2 de outubro de 1804 (79 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro militar, enxeñeiro, thermophysicist (en) |
Nicolas-Joseph Cugnot, nado en Void (Meuse), o 26 de febreiro de 1725[1][2] e finado en París o 2 de outubro de 1804[3], foi un inventor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O goberno francés atribúelle a invención do primeiro vehículo autopropulsado, é dicir, do primeiro automóbil. Esta reclamación está disputada por varias fontes que suxiren en cambio que Ferdinand Verbiest, membro das misións xesuítas na China foi o primeiro en construír un coche a vapor por volta de 1672. En calquera caso, si parece que Cugnot ten sido o primeiro en transformar o movemento adiante-atrás dun pistón de vapor en movemento rotativo. Así, foi en 1769 cando conseguiu que funcionase unha versión do seu Fardier à vapeur, é dicir, o seu "Coche de vapor".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Registre de l'état civil de la commune de Void, p. 162.
- ↑ Menciónase ás veces a data do 25 de setembro de 1725 de xeito erróneo, en certas obras, a partir de mediados do século XIX.
- ↑ Le fardier de Cugnot Arquivado 24 de novembro de 2006 en Wayback Machine. descrición detallada na páxina da Société des Ingénieurs de l'Automobile (SIA)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Cugnot |
- Cugnot en 3wheelers.com (en inglés)
- Réplica no Museo do automóbil de Tampa Bay (en inglés)
- Hybrid-Vehicle.org: The Steamers Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)