Joseph Fadelle
(2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 ![]() Iraq ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Iraq Francia ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | autobiógrafo ![]() |
Xénero artístico | Prosa ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bc/Steenwerck_-_Forum_%C2%AB_J%C3%A9sus_le_Messie_%C2%BB_2014_-_Joseph_Fadelle_-_2.jpg/220px-Steenwerck_-_Forum_%C2%AB_J%C3%A9sus_le_Messie_%C2%BB_2014_-_Joseph_Fadelle_-_2.jpg)
Joseph Fadelle, nado como Mohamed al-Sayid al-Musawi (en árabe: محمد السيد الموسوي) en 1964 en Iraq, é un escritor franco-iraquí, converso do islam xiíta ao catolicismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia xiíta ben posicionada de Iraq. Converteuse a raíz dunhas conversacións mantidas cun cristián co que viviu cando facía o servizo militar en 1987, e logo dun estudo do Alcorán e da Biblia.
En 1992 o seu pai concertou o seu matrimonio cunha rapaza musulmá chamada Anwar. Durante ese tempo acudía á igrexa en segredo, e contactou cun misioneiro que aceptou darlle a instrución necesaria para recibir o bautismo.
Agochou a súa conversión durante varios meses, incluso á súa familia. Descubriuno a súa dona, quen posteriormente tamén adoptou o cristianismo. En 2007, cando na súa familia souberon da súa conversión, foi detido e torturado durante varios meses á instancia do seu tío.
Por mor dunha fatua contra a súa muller e el mesmo, tiveron que deixar o país. Finalmente, chegaron a Xordania en abril de 2000, e foron bautizados. En decembro do mesmo ano, a súa familia atopouno alí e tentaron asasinalo, deixándoo cando pensaban que estaba morto.
Cando se recuperou, marchou coa súa familia a Francia en 2001, onde reside dende entón, onde ten protección policial.
En marzo de 2010 publicou un libro autobiográfico, Le Prix à payer, que tivo un grande éxito de vendas en Francia, e que ten sido traducido ao inglés, portugués, castelán, italiano, neerlandés, alemán, esloveno e polaco.
Obra[editar | editar a fonte]
- L'Œuvre Éditions, ed. (2010). Le Prix à payer.