Saltar ao contido

Joseph Smit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha litografía dun coello producida por Joseph Smit

Joseph Smit, nado nos Países Baixos o 8 de xullo de 1836 e finado o 4 de novembro de 1929, foi un ilustrador científico no eido da zooloxía.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ilustración da Psammobates tentorius (tartaruga de tenda ou ondulada), 188

Smit naceu en Lisse. Recibiu o seu primeiro encargo de Hermann Schlegel no Museo de Leiden para traballar nas litografías dun libro sobre as aves das Indias Orientais Holandesas. En 1866 foi invitado a Gran Bretaña por Philip Sclater para facer a litografía para a súa Exotic Ornithology (Ornitoloxía Exótica de Sclater); preparou cen imaxes para o libro.[2]

Tamén fixo a litografía Zoological Sketches para o seu amigo [3] Joseph Wolf, así como as monografías de Daniel Giraud Elliot sobre Phasianidae e Paradisaeidae. A partir da década de 1870, traballou no Catalogue of the Birds in the British Museum (catálogo dos paxaros do Museo Británico, 1874–1898, editado por Richard Bowdler Sharpe), e máis tarde no libro Coloured Figures of the Birds of the British Islands de Lord Lilford.

Smit contribuíu con ilustracións aos libros de John Gould sobre aves de diferentes partes do mundo, xunto cos artistas máis importantes da vida salvaxe da época vitoriana, como Wolf, Edward Lear, William Hart, Henry Constantine Richter e John Gerrard Keulemans.[4] Tamén proporcionou moitas das ilustracións de paleoarte, de dinosauros e outras criaturas fósiles, para o popular libro Extinct Monsters (1892) de Henry Neville Hutchinson.

Morreu na súa casa de Cobden Hill, Radlett, Hertfordshire, Reino Unido o 4 de novembro de 1929 aos 93 anos.

O seu fillo Pierre Jacques Smit (nado en outubro de 1863 en Leiderdorp e finado en 1960), que usou o nome de Peter Smit, tamén foi ilustrador zoolóxico.[5]

  1. The great bird illustrators and their art, 1730-1930. 1979. ISBN 9780894790447. 
  2. Kennedy, Donald (2008). Humans, nature and birds: Sci-Art. p. 137. 
  3. "J. Smit". Cornell Library. Consultado o 1 May 2014. 
  4. Lack, Elizabeth (1985). Dictionary of Birds. University of Yale. pp. 301; p. 137. 
  5. "Soffer ornithology". Amherst. Consultado o 1 May 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]