Josu Aizpurua
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Josu Mirena Aizpurua San Nicolás ![]() 1946 ![]() Bilbao, España ![]() |
![]() | |
31 de marzo de 1980 – 9 de outubro de 1980 – José Luis Cereceda Garaio (pt) ![]() Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Herri Batasuna ![]() |
![]() |
Josu Mirena Aizpurua San Nicolás, nado en Bilbao, 1946, é un expolítico de ideoloxía independentista vasca. Foi secretario xeral de ANV e parlamentario vasco por Herri Batasuna.
Biografía
[editar | editar a fonte]Na súa mocidade foi un militante antifranquista. Formouse como técnico de organización de empresas e traballou como directivo dunha empresa cooperativa.
Aizpurua foi un militante de Acción Nacionalista Vasca (ANV) durante o período da Transición. Formou parte da candidatura de ANV nas eleccións Xerais de 1977.
En 1978, ANV integrouse na coalición electoral Herri Batasuna (HB). Ese ano producíronse diversas tensións entre Gonzalo Nárdiz, representante de ANV no Goberno Vasco no exilio, e a dirección do partido, que solicitaba a súa dimisión e a súa substitución por Aizpurua.
Tras o apoio electoral que obtivo Herri Batasuna nas eleccións forais e municipais de 1979 desatouse un enfrontamento aberto no seo da coalición entre os diversos grupos que a formaban, dos cales os dous únicos partidos políticos legais eran ANV e Partido Socialista Vasco (ESB-PSV). Dentro da coalición coexistían con todo outros grupos alegales como Langile Abertzale Iraultzaileen Alderdia (LAIA) ou Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI), e independentes.
LAIA e ESB trataron de obter a adhesión de ANV ós seus plans para quedar coas siglas de HB e marxinar ós membros de HASI, partidarios da Alternativa KAS e maioritarios na coalición.
No V Congreso de ANV, celebrado en xullo de 1979, chocaron as dúas correntes internas de ANV, a que era máis ben fiel ós principios tradicionais e históricos do partido; e a máis partidaria de HASI e da Alternativa KAS. Tras a dimisión do até entón secretario xeral de ANV, Valentín Solagaistua, foi elixido Josu Aizpurua secretario xeral do partido.[1] Baixo a dirección de Aizpurua ANV non se encartou ás solicitudes de ESB e LAIA de deixar HASI fose da coalición; polo que contribuíu de maneira substancial á creación dunha Herri Batasuna, basicamente controlada por HASI e KAS, que nos anos seguintes sería abandonada por ESB e LAIA, e onde a propia ANV tería un papel secundario.
Pouco despois da súa elección como secretario xeral, Aizpurua sería detido e retido durante unhas horas pola Policía nunha redada contra HASI.[2] O propio Aizpurua sería membro da Mesa Nacional de Herri Batasuna, elixida en 1979.
En 1980, é elixido parlamentario vasco por Biscaia como candidato da coalición Herri Batasuna. ANV era publicamente partidario de participar nas institucións políticas vascas, pero esta opinión chocaba coa corrente maioritaria da coalición, o que provocou certas tensións entre partido e coalición.[3]
En outubro, Aizpurua renuncia ó seu posto como parlamentario, sendo substituído polo sindicalista José Luis Cereceda.
En 1981, cesa como secretario xeral de ANV e membro da Mesa Nacional. En 1982, desencantado, abandona complementamente a política. Actualmente é crítico coa loita armada de ETA.
Dende entón, dedícase profesionalmente á mercadotecnia. Escribe nos seus intres de lecer e publicou un libro: Quo vadis Euskalherria? (1998), un ensaio sobre o vasquismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Josu Aizpurúa, elegido secretario general de ANV, El País, 17 de xullo de 1979.
- ↑ "El PNV y otros diez partidos vascos protestan por la detención de un dirigente de HASI · ELPAÍS.com".
- ↑ ANV pide autonomía dentro de Herri Batasuna, El País, 22 de maio de 1980.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |