Joy (filme de 2018)
Joy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Joy |
Director | Sudabeh Mortezai |
Guión | Sudabeh Mortezai |
Intérpretes | Anwulika Alphonsus Mariam Sanusi Angela Ekeleme |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2018 18 de xaneiro de 2019 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Austria |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Joy é un filme austríaco de 2018 dirixido e escrito por Sudabeh Mortezai.
Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios.[1][2] Porén, o filme foi descualificado en novembro de 2019, xa que a Academia declarou que o filme contiña demasiado diálogo en inglés.[3] A descualificación foi rebatida polos cineastas, argumentando que cando o diálogo en pidgin nixeriano, que é inintelixible para falantes de inglés, é contado de xeito separado do diálogo en inglés, este constitúe menos do 50% do total, sendo polo tanto elixible,[4] mais a Academia mantivo a súa decisión inicial.[5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Conta a historia de Joy (Anwulika Alphonsus), unha muller nixeriana que traballa como prostituta para pagar as súas débedas, ó tempo que mantén á súa familia en Nixeria e á súa filla en Viena.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Joy Anwulika Alphonsus como Joy
- Mariam Sanusi como Precious
- Angela Ekeleme como Madame
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ WKO News (ed.). "Joy von Sudabeh Mortezai geht ins Rennen um den Auslandsoscar". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ Roxborough, Scott. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Austria Picks 'Joy' for International Film Category". Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ Variety (ed.). "Austria’s Oscar Entry, Joy, Disqualified for Having Too Much Dialogue in English". Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ Rosser, Michael (15 de novembro de 2019). Screen Daily, ed. "‘Joy’ filmmakers dispute international feature film Oscar disqualification". Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ Thompson, Anne (15 de novembro de 2019). IndieWire, ed. "Austria Protests the Academy’s Math on Disqualified International Oscar Entry ‘Joy’". Consultado o 15 de novembro de 2019.
- ↑ "Streaming: Netflix's ode to Joy". The Guardian. Consultado o 27 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joy na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)