Joyland (filme)
Joyland | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | جوائے لینڈ |
Director | Saim Sadiq |
Produtor |
|
Guión |
|
Música | Abdullah Siddiqui |
Fotografía | Joe Saade |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Film Constellation |
Estrea | Festival de Cannes: 23 de maio de 2022 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | Paquistán |
Xénero | Drama |
Recadación | 1 128 464 dólares[1][2] |
Na rede | |
Joyland (en urdú: جوائے لینڈ) é un filme paquistaní de 2022 escrito, dirixido e coeditado por Saim Sadiq, no seu debut como director.[3] Está protagonizado por Ali Junejo, Rasti Farooq, Alina Khan, Sarwat Gilani e Salmaan Peerzada. Ambientado na cidade de Lahore, Joyland céntrase na familia de clase media Rana, encabezada por un patriarca ancián (Peerzada) que anhela o nacemento dun neto. Obriga á súa nora Mumtaz (Farooq) a deixar o seu traballo despois de que Haider (Junejo), o seu fillo máis novo e marido de Mumtaz, atopa traballo nun teatro de danza erótica. Porén, as complicacións xorden cando Haider se namora de Biba (Khan), unha bailarina transxénero.[4]
Joyland estreouse internacionalmente no Festival de Cannes o 23 de maio de 2022, converténdose no primeiro filme paquistaní en estrearse neste festival de cinema. Proxectouse na sección Un Certain Regard, onde competiu pola Caméra d'Or.[5] O filme recibiu unha grande ovación tras a súa proxección[6] e gañou o Premio do Xurado do festival,[7] así como o premio Queer Palm ao mellor filme de temática LGBTQ.[8]
Despois de ser prohibido inicialmente para a súa estrea en cinemas de Paquistán, Joyland foi aprobado para a súa estrea con pequenos cortes, estreándose no país o 18 de novembro de 2022,[9] e recibiu polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Foi escollido como candidato de Paquistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[10] e o 21 de decembro de 2022 converteuse no primeiro filme paquistaní en clasificarse na lista curta de decembro.[11]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ali Junejo como Haider
- Rasti Farooq como Mumtaz
- Alina Khan como Biba[12]
- Sarwat Gilani como Nucchi[13]
- Salmaan Peerzada como Rana Amanullah
- Sohail Sameer como Saleem
- Sania Saeed como Fayyaz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joyland (2022)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2023.
- ↑ "Joyland (2022)". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2023.
- ↑ Mustafa, DJ Kamal (2022-12-05). "Pakistani cinema and television highlights LGBTQ, intersex issues". Washington Blade: LGBTQ News, Politics, LGBTQ Rights, Gay News (en inglés). Consultado o 2022-12-06.
- ↑ Barraclough, Leo (11 de maio de 2022). "Cannes' Un Certain Regard Title 'Joyland' Swooped on by Condor in France (Exclusive)". Variety (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Scott Roxborough (14 de abril de 2022). "David Cronenberg, Park Chan-wook, Kelly Reichardt Set for Cannes Competition". The Hollywood Reporter. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "Cannes film festival gives standing ovation to Pakistani feature film 'Joyland': Watch". The News. 24 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Christian Zilko (27 de maio de 2022). "Cannes Un Certain Regard Winners: 'The Worst Ones' and 'Joyland' Take Top Prizes". IndieWire (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2022.
- ↑ "Pakistani trans drama 'Joyland' wins 'Queer Palm' as Cannes film festival accused of 'cold-shouldering' the LGBTIQ+ award". SBS (en inglés). 28 de maio de 2022. Consultado o 28 de maio de 2022.
- ↑ Narang, Gaurvi (6 de outubro de 2022). "Pakistan's Oscar entry has Malala backing but fate of transgender Act tells a different story". The Print (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2022.
- ↑ "'Joyland' is Pakistan's entry for Oscars 2023". The Express Tribune. 30 de setembro de 2022. Consultado o 30 de setembro de 2022.
- ↑ "Joyland becomes Pakistan's first film to make it to the Oscar shortlist". Dawn Images. 22 de decembro de 2022. Consultado o 22 de decembro de 2022.
- ↑ Ramachandran, Naman (21 de maio de 2022). "Cannes Title 'Joyland' Celebrates Pakistan's Transgender Culture". Variety (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "Pakistan's first Cannes film a 'dream come true'". Arab News (en inglés). 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.