Saltar ao contido

Jozi Oliveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJozi Oliveira
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Chapecó, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata

Joziane de Oliveira de Oliveira, coñecida como Jozi, nada en Chapecó o 30 de xuño de 1982, é unha xogadora de fútbol sala, que xoga como porteira no Bitonto C5 Femminile, da Serie A. Seis veces campioa do mundo coa selección brasileira, comezou a súa carreira no Kindermann, co que gañou numerosos títulos no Brasil. A continuación xogou 14 anos no Burela, converténdose nun emblema e nunha das mellores xogadoras da historia do club, co que conquistou 23 títulos oficiais, entre eles seis ligas, cinco Copas da Raíña e cinco Supercopas de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou como porteira de balonmán, ata que en 1999 se colocou baixo os paus dunha portería de fútbol sala nun equipo que adestraba o pai dunha amiga e que quedara sen gardametas.[1] En 2004 ingresou na Sociedade Esportiva Kindermann, da cidade catarinense de Caçador. Militou durante seis anos no club, catro deles compaxinando fútbol campo con fútbol sala,[2] e conquistou numerosos títulos, entre eles o Campionato Brasileiro de 2004, as Copas do Brasil de 2005 e 2006 e cinco Campionatos Catarinenses.[3] Durante esta etapa foi internacional en varias ocasións tanto coa selección brasileira de fútbol como coa de fútbol sala,[4] gañando os títulos de campioa mundial universitaria de fútbol en 2005 e campioa do mundo de fútbol sala universitario en 2008.[5]

En xaneiro de 2010 foi presentada como nova xogadora do Burela, equipo fundado un ano e medio antes e que estaba a disputar a súa primeira campaña na Primeira División. Chegou ao equipo da Mariña para axudar a consolidar o proxecto do club na máxima categoría e acabou por converterse nunha das xogadoras máis importantes da historia do club. Despois duns anos de asentamento, o Burela, con Jozi na portería, dominou de xeito case absoluto o fútbol sala español, conquistando 23 títulos oficiais, entre eles seis ligas, cinco Copas da Raíña e cinco Supercopas de España, aos que sumou os títulos oficiosos da Copa das 4 Nacións e da Futsal Women's European Champions.[2]

En xaneiro de 2024 deixou o Burela despois de 14 anos defendendo a súa portería e iniciou unha nova etapa en Italia, nas filas do Bitonto C5 Femminile, da Serie A. Na súa primeira campaña gañou o título de liga e a Copa Italia, sendo elixida mellor xogadora da Copa.[6]

Selección brasileira

[editar | editar a fonte]

Internacional coa selección brasileira de fútbol sala dende 2004, conquistou con esta os campionatos do mundo de 2010,[7] 2011,[8] 2012,[9] 2013,[10] 2014 e 2015,[11][12] así como sete edicións da Copa América (2005, 2007, 2009, 2011, 2017, 2019 e 2023).

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Kindermann
Burela
Bitonto
Selección brasileira
  1. Díaz Rolle, Iván (11 de xaneiro de 2021). "Jozi Oliveira, portera del Burela: «Creía que lo mío era el balonmano»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Jozi, a nosa Lenda continúa o seu camiño". 16 de xaneiro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  3. "Joziane Oliveira - Goleira de Futsal Com vocês, a super atleta Jozi...Pentacampeã Mundial Ela vai contar um pouco da sua trajetória...". Facebook (en portugués). Secretaria de Cultura, Esporte e Turismo de Caçador. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  4. "Brazilian women national team". futsalplanet.com (en inglés). Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  5. "A internacional brasileira Jozi defenderá a meta do Burela FS Feminino". 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  6. "Jozi Oliveira completa el triplete en Italia como estrella del Bitonto". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  7. "La burelista Jozi se proclama campeona del Mundo con Brasil" (en castelán). 13 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  8. "Jozi, bicampeona del Torneo Mundial de Fútbol Sala Femenino". 12 de decembro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  9. "Brasil bate Portugal na final do III Torneio Mundial de Futsal Feminino" (en portugués). 9 de decembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  10. "Brasil vuelve a ser cruel con España y se proclama tetracampeona del mundo" (en castelán). 20 de decembro de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  11. "Mundial Feminino: Portugal derrotado pelo Brasil na final" (en portugués). 16 de decembro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  12. "Brasil vence a Rússia por 3 a 0 e leva o hexa no Mundial feminino de futsal" (en portugués). 30 de novembro de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2024.