Juan Alonso Tembrás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) A Capela, España |
Alcalde das Somozas | |
2014 – ← Manuel Candocia Ramos | |
Actividade | |
Lugar de traballo | As Somozas |
Ocupación | político |
Juan Alonso Tembrás, nado na Capela (Seixas, As Somozas) en 1949, é un político galego do Partido Popular, que dende o 2014 é alcalde das Somozas. Ademais preside a UD Somozas, club de fútbol da Terceira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Prexubilado de Endesa, accedeu á corporación municipal das Somozas tras as eleccións municipais de 1991, na lista do Partido Popular. Durante máis de vinte anos foi reelixido no seu cargo como concelleiro, ata que chegou a ser primeiro tenente de alcalde. En 2014 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Manuel Candocia.[1] Nas municipais de 2015 foi o candidato do PPdeG e foi elixido alcalde ao obter todos os concelleiros.[2] Sucedeu tamén a Candocia na presidencia da UD Somozas.[3]
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (27 de xaneiro de 2014). "El pleno de As Somozas elige alcalde a Juan Alonso Tembrás". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2023.
- ↑ El popular Juan Alonso, alcalde de As Somozas
- ↑ Valencia, José (19 de abril de 2015). "«Estamos orgullosos del Somozas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ Concello das Somozas na FEGAMP
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Manuel Candocia |
Alcalde das Somozas 2014 - actualidade |
Sucesor: no cargo |