Juan Antonio Dopazo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Amoeiro ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fontaneiro ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Carolina Regueiras |
Juan Antonio Dopazo, nado en Amoeiro, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Libertario retornado do Uruguai, traballaba de fontaneiro en Ourense. Logo ingresou no POUM. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse ao territorio controlado polo goberno lexítimo. A súa muller Carolina Regueiras foi violada e asasinada o 28 de xuño de 1937. Foi condenado a 12 anos de prisión. Posteriormente casou con Carmen Rodríguez Nóvoa.