Juan Muñoz Salcedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1650 Provincia de Xaén, España |
Morte | 5 de maio de 1728 (77 anos) |
Bispo de Mondoñedo | |
20 de xullo de 1705 – ← Manuel Francisco Navarrete y Ladrón de Guevara (en) – Antonio Sarmiento de Soutomaior → Diocese: Diocese de Mondoñedo-Ferrol | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Xerome |
Frei Juan Antonio Muñoz Salcedo, nado en Santisteban del Puerto (provincia de Xaén) o 26 de setembro de 1650 e finado o 5 de maio de 1728, foi un eclesiástico e catedrático español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Muñoz Ortega e de Dona Elvira Salcedo. Co nome de Juan de Santisteban ingresou o 17 de febreiro de 1670 nos Xerónimos de San Lorenzo do Escorial antes de cumprir os vinte anos, onde cursou os oito do Colexio. Era moi erudito en ciencias eclesiásticas e foi Catedrático de Sagrada Escritura e de Teoloxía Moral no Escorial, chegando a ser predicador do rei. Foi elixido prior do mosteiro de Santa Catalina de Talavera sendo reelixido ao rematar o primeiro trienio de mandato. Do priorado de San Lorenzo pasou a ser elixido polo rei Filipe V para ocupar o bispado de Mondoñedo,[1] sendo confirmado polo constistorio romano o 20 de xullo de 1705 e tomando posesión da diocese o 2 de decembro dese mesmo ano.[1] Morreu o 5 de maio de 1728.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Roldán, Alberto García. "GALICIA PUEBLO A PUEBLO: CATEDRAL, MONDOÑEDO". GALICIA PUEBLO A PUEBLO. Consultado o 2017-04-06.
- ↑ "Fray Juan Muñoz Salcedo". www.redjaen.es. Consultado o 2017-04-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |