Juan Antonio Porto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 16 de febreiro de 2021 ![]() Madrid, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Oviedo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Film screenwriting (en) ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | guionista , realizador , xornalista de opinión , guionista de cinema , produtor de televisión ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Juan Antonio Porto Alonso, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1937 e finado en Madrid o 16 de febreiro de 2021[1], foi un guionista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomado en dirección pola Escuela Oficial de Cinematografía. Escritor de guións cinematográficos, foi colaborador habitual de cineastas como Pilar Miró e Pedro Olea en películas como El crimen de Cuenca, Beltenebros, El bosque del lobo, La casa sin fronteras e La Corea. Destacado especialmente na adaptación de obras literarias, como La Regenta, de Gonzalo Suárez; a citada Beltenebros ou a serie televisiva La forja de un rebelde, de Mario Camus. É autor de ensaios e textos sobre temas cinematográficos. Impartiu clases na Escuela de Cine de la Comunidad de Madrid. O seu guión máis recente foi La conjura de El Escorial, de Antonio del Real.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En febreiro de 2009 o Consello de Ministros de España outorgoulle a Medalla de Ouro ó mérito nas Belas Artes.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Juan Antonio Porto na IMDb (en inglés).