Juan Boedo Pardo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 29 de setembro de 1936 ![]() Bértoa, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Juan Boedo Pardo, nado na Coruña cara a 1908 e finado en Bértoa (Carballo) o 29 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Boedo e Josefa Pardo. De profesión gasista, veciño de San Cristovo das Viñas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil. O 28 de setembro apareceu o seu cadáver fusilado en Bértoa xunto con Francisco Miguel Fernández Díaz, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete. Foron soterrados no cemiterio da localidade.
Os seus restos foron exhumados pola ARMH en setembro de 2023.[1][2]