Juan Carballal Palmeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1892 Lugo, España |
Morte | 16 de outubro de 1962 (70 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | veterinario |
Juan Carballal Palmeiro, nado en Lugo o 4 de xuño de 1892 e finado en Madrid o 16 de outubro de 1962, foi un veterinario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato en Lugo. Conseguiu unha praza na Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela pensionado pola Deputación provincial. Foi director da Estación Pecuaria de Lugo dende 1932. Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 continuou como Inspector provincial de Hixiene e Sanidade pecuaria. En 1945 foi destinado a Madrid. Colaborou en Galicia y su Ganadería.