Juan Carlos Aduviri
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1976 (48 anos) El Alto, Bolivia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor, director de fotografía |
Juan Carlos Aduviri Lima, nado en 1976 en El Alto (Bolivia), é un actor cinematográfico e mestre boliviano. Aduviri saltou á fama ó conseguir o papel principal en También la lluvia, filme de Icíar Bollaín rodado en Bolivia. Coa súa actuación acadou un nomeamento ó Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel no filme. Tamén apareceu no filme español Oro de 2017, ambientado na colonización das Américas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o sexto de sete irmáns no seo dunha familia aimará,[1] estudou secundaria na cidade de El Alto. Ademais, realizou estudos de cinematografía na Escola Municipal de Artes de El Alto, onde é mestre. Foi galardoado como mellor actor no Festival de Cine Les Arcs de Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vaca, Meriy (14 de xaneiro de 2011). BBC, ed. "Un aymara brilla entre las estrellas del cine". Consultado o 3 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha na IMDb (en castelán)