Saltar ao contido

Juan Casares Long

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Casares Long
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
2010 – 2014
← Senén BarroJuan Viaño → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1544102 BUSC: casares-long-juan-jose Dialnet: 2301514

Juan José Casares Long, nado na Coruña en 1950, é un químico galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende o 2010 ata 2014.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1972 licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente doutorouse na mesma especialidade na Universidade Autónoma de Barcelona e en enxeñaría química na Universidade de Salford (Manchester, UK).

Durante a primeira metade da década dos oitenta foi profesor na Universidade Rei Fahd de Petróleo e Minerais (KFUPM), en Dhahran (Arabia Saudita), ata que no ano 1984 regresa para impartir docencia na Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 1988 obtivo a cátedra de Enxeñería Química na Universidade de Sevilla, e posteriormente na Universidade de Cantabria. En 1993 foi nomeado director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e posteriormente, ao deixar este posto, director do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997). En 2001 deixa ese cargo e dedícase por completo á universidade compostelá.

No ano 2006 presentouse como candidato independente a reitor,[1] pero foi derrotado polo daquela candidato a estender o mandato, Senén Barro quen contaba co apoio das plataformas. En 2010, Casares Long presentouse de novo como candidato á fronte dunha candidatura independente, e venceu tanto na primeira como na segunda volta das eleccións a reitor, neste caso ao candidato Lourenzo Fernández Prieto, acadando o 57% dos votos ponderados.[2]

En 2017, foi nomeado novo membro no comité de dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía do Reino Unido.[3]


Predecesor:
Senén Barro
 
Reitor da Universidade de Santiago
 
2010 - 2014
Sucesor:
Juan Viaño
  1. "Juan Casares opta a rector de la USC con un equipo joven". lavozdegalicia.es. 04-04-2016. Consultado o 03-09-2018. 
  2. "El catedrático Juan Casares Long, elegido rector de la USC con el 56,91 por ciento de los votos". elcorreogallego.es. 24-05-2010. Arquivado dende o orixinal o 03-09-2018. Consultado o 03-09-2018. 
  3. "El catedrático Juan Casares Long, nombrado nuevo miembro del comité de dirección del Instituto Wessex de Tecnología". lavanguardia.com. 10-03-2017. Consultado o 02-09-2018.