Juan Corzo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Corzo (homónimos).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Madrid España |
Morte | 1941 A Habana, Cuba |
País de nacionalidade | Cubana |
Actividade | |
Ocupación | Xogador de xadrez |
Nacionalidade deportiva | Cuba |
Deporte | xadrez |
Juan Corzo Príncipe, nado en Madrid en 1873 e finado en 1941, foi un mestre de xadrez cubano, campión nacional de Cuba inmediatamente antes de José Raúl Capablanca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Corzo emigrou a Cuba en 1887. Estudou teoría do xadrez do mestre Pichardo e converteuse en campión do Club de Xadrez da Habana. Dotado de notable talento táctico, a súa derrota fronte a Capablanca (+4 -3 =6 ) en 1901 marcou o comezo da meteórica carreira do que logo sería campión mundial, cando Capablanca só tiña 13 anos.
Xunto con el fundou a Federación Nacional de Xadrez de Cuba, e foi durante moitos anos editor da revista de xadrez de Capablanca.