Saltar ao contido

Juan Crisóstomo Arriaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Crisóstomo de Arriaga»)
Modelo:BiografíaJuan Crisóstomo Arriaga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Crisóstomo Jacobo Antonio de Arriaga y Balzola Editar o valor en Wikidata
27 de xaneiro de 1806 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xaneiro de 1826 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1057711 Spotify: 2Gm9NzyysLqttBHOmwzEOS Musicbrainz: ac840215-bb00-43ba-a110-04a19dee8523 Discogs: 1119141 IMSLP: Category:Arriaga,_Juan_Crisóstomo_de Allmusic: mn0001205711 Editar o valor en Wikidata

Juan Crisóstomo Jacobo Antonio Arriaga Balzola, nado en Bilbao o 27 de xaneiro de 1806 e finado o 17 de xaneiro de 1826, foi un compositor vasco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o oitavo fillo, aínda que tres morreran xa cando el naceu. Alí, o seu pai, Juan Simón Arriaga, organista en Berriatúa, aprendeulle os fundamentos da música. O seu talento levouno a converterse en alumno de Faustino Sanz, reputado violinista. Aos 11 anos xa compón e representa obras nas sociedades musicais de Bilbao.

Da súa produción sinfónica conserváronse as Aberturas Op. 1, Op. 20 e a Abertura para a súa ópera en dous actos Los esclavos felices, cuxo libreto escribiu o famoso dramaturgo Luciano Francisco Comella. Aínda que se compuxo enteira, é todo o que quedou dela. O seu catálogo orquestral complétase coa Sinfonía en Re maior. A obra máis famosa de Arriaga son o tres cuartetos de corda, única obra que viu publicada en vida.

Outra parte importante da súa produción é a obra para voz e orquestra que tamén comprende arias, cantatas e música relixiosa, entre a que destaca a súa Stabat Mater para dous tenores baixos e orquestra.

Escribiu así mesmo algunhas pequenas pezas e estudos para piano e para violín.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]