Juan Delgado Criado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() Malpica de Bergantiños, España ![]() |
Morte | 2010 ![]() Temuco, Chile ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político ![]() |
Cronoloxía | |
31 de agosto de 1938-3 de setembro de 1938 | evasión da motora Rocío ![]() |
![]() |
Juan Ignacio Delgado Criado, nado en Malpica de Bergantiños en 1908 e finado en Temuco (Chile) en 2010, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do secretario xudicial de Malpica e da mestra Ramona Criado Orellana, era o cuarto dunha familia de doce irmáns. Auxiliar do secretario do xulgado de Malpica de Bergantiños e contador do pósito. Foi presidente de Izquierda Republicana de Malpica. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido polo gobernador civil o 30 de xuño de 1937 como secretario do pósito, xunto co secretario da corporación Ramón Astray Labarda, dous oficiais do concello e a destitución do alcalde Pedro Grela Viqueira.[1]
Fuxiu de Malpica en agosto de 1938 na evasión do Rocío. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Ingresado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Marchou a Buenos Aires no Winnipeg e de alí pasou a Valparaiso (Chile), onde entrou a traballar no Banco Español. En 1955 trasladouse a Allipén e dedicouse ao cultivo de trigo. Desde 1992 residiu en Temuco coa súa filla, onde morreu aos 102 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1949 con Paz Mera Pérez, e tivo dous fillos: Juan Amador e María Cristina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2011). O mar e a memoria. O expediente Armesto. A Coruña: Laiovento. p. 106. ISBN 978-84-8487-221-4.