Juan García Moreno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1893 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 20 de maio de 1941 ![]() Cidade de México ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, funcionario ![]() |
Juan García Moreno, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1893 e finado en Cidade de México o 20 de maio de 1941, foi un avogado e funcionario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado e funcionario do Estado. Traballou no Ministerio de Agricultura en Madrid. Membro da UGT e afiliado a Izquierda Republicana en Madrid. Foi vogal da Comisión Fiscal de Contas de IR e secretario do gobernador civil de Badaxoz na Segunda República. Durante a guerra civil foi vicepresidente da Fronte Popular do Instituto de Reforma Agraria. Coa derrota da República exiliouse en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño. Trasladouse a Cidade de México. Finou en Cidade de México en 1941.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Violeta Castells Vela.