Juan Hermida Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Arteixo, España |
Morte | década de 1960 (55/65 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, panadeiro |
Membro de | |
Juan Hermida Iglesias, nado en Arteixo en 1904 e finado na Coruña nos anos sesenta, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Panadeiro e militante da CNT, foi directivo do Sindicato de Panaderos, delegado dos panadeiros da Coruña nos congresos de 1931 e 1936. En 1933 era secretario da Federación Local da Coruña e foi detido pola folga de maio xunto con outros delegados cenetistas.[1] Representou a Galicia no Pleno Nacional de Rexionais de xuño de 1934. Foi presidente do gremio de pescadores e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Arteixo e fuxiu nun pesqueiro dende A Coruña cara Asturias. Abríuselle proceso, sendo declarado en rebeldía. Tras pasar anos en Francia volveu en 1945. Foi detido en marzo de 1947, xulgado na Coruña por rebelión, e condenado a 12 anos de prisión. Tras pasar uns anos no Penal de El Dueso foi indultado a mediados dos anos cincuenta, pero foi constantemente detido sen encausamento, especialmente cando visitaba a cidade algunha autoridade relevante do Réxime.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Teresa López Gómez en 1928.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 146. ISBN 84-87783-79-1.