Juan José Imbroda
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan José Imbroda Ortiz 24 de xuño de 1944 (80 anos) Melilla, España |
Presidente da Cidade Autónoma de Melilla | |
19 de xullo de 2000 – 15 de xuño de 2019 ← Mustafa Aberchán – Eduardo de Castro González → | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Irmáns | Javier Imbroda |
Juan José Imbroda Ortiz, nado en Melilla o 24 de xuño de 1944, é un político español do Partido Popular, actual presidente da cidade autónoma de Melilla dende xullo de 2000, e senador pola devandita circunscrición.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Titulado en Profesorado Mercantil. Elixido nas listas da Unión de Centro Democrático foi primeiro tenente de alcalde e voceiro no Concello de Melilla entre 1979 e 1983. En 1985 fundou a Unión del Pueblo Melillense, sendo elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1987.
Tras a aprobación do estatuto de autonomía melillense, foi elixido deputado da Asemblea de Melilla en 1995 e 1999. En 2000 foi elixido presidente da Cidade Autónoma de Melilla grazas a unha moción de censura presentada polo seu partido, o Partido Popular e o PSOE contra o entón presidente Mustafá Aberchán. Ese mesmo ano foi elixido senador pola coalición entre o seu partido e o Partido Popular.
Cabeza de lista por idéntica coalición en 2003, foi reelixido presidente. En 2003 o seu partido integrouse no Partido Popular de Melilla do que é presidente dende 2003. Na actualidade segue sendo presidente da Cidade Autónoma de Melilla e senador.