Juan José Merlo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1972 (52 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Juan José Merlo Lorenzo, nado en Vigo en 1972, é un político galego de En Marea.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vigo, 1972. Formouse como enxeñeiro industrial e abandonou os seus estudos para incorporarse ao mercado laboral. Desenvolveu a súa actividade laboral primeiro en empresas como Hitachi e no corpo de mandos dunha coñecida cadea de grandes almacéns e posteriormente á fronte dunha empresa de enxeñería e enerxías renovables. Participou activamente en diferentes plataformas do 15M. Entrou na vida política da man de Podemos, onde foi secretario de Organización de Podemos Galicia desde 2016 ata 2018. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea pola provincia de Pontevedra. En abril de 2018 dimitiu por responsabilidade ao non esixir a corrección do seu curriculum publicado no Parlamento, onde na redacción do mesmo dicíase que era enxeñeiro, cuestión que daba a supoñer unha titulación que este nunca se había atribuído.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine.