Juan Salgueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1946 Abades, España |
Morte | 3 de marzo de 2015 (68 anos) A Bandeira, España |
Alcalde de Silleda | |
1987 – 1999 ← Casimiro Fernández Otero – José Fernández Viéitez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Juan José Salgueiro Montouto, nado en Abades (Silleda) o 3 de agosto de 1946 e finado na Bandeira o 3 de marzo de 2015[1], foi un político galego e alcalde de Silleda entre 1987 e 1999.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado de banca, primeiro en Banesto e despois na Caixa de Aforros de Pontevedra. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou as listas de Alianza Popular á alcaldía de Silleda, que gañou por maioría absoluta. Repetiu triunfo nas municipais de 1991 e 1995, formando de novo goberno con maioría absoluta, pero desta volta nas filas do herdeiro de Alianza Popular, o PPdeG. Deixou a corporación en 1999, sendo o seu substituto á cabeza da agrupación política local José Fernández Viéitez. Foi deputado provincial entre 1991 e 1995. Cando deixou a alcaldía rexentou unha axencia inmobiliaria.
Predecesor: Casimiro Fernández Otero |
Alcalde de Silleda 1987 - 1999 |
Sucesor: José Fernández Viéitez |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En outubro de 2015, a Praza da Feira Vella da vila de Silleda pasou a denominarse Praza de Juan José Salgueiro Montouto[2]. En marzo de 2016, as Prazas da Feira e do Entroido da vila da Bandeira unificáronse nunha soa baixo o nome de Praza de Juan Salgueiro[3] e inaugurouse unha estatua a tamaño real do político a carón da capela da Bandeira, actos que coincidiron co cabodano do seu pasamento[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el exalcalde de Silleda Juan Salgueiro". Faro de Vigo (en castelán). 3 de marzo de 2015.
- ↑ Juan Salgueiro se hace eterno en Silleda en Faro de Vigo (Consultado o 12/11/15)
- ↑ Juan Salgueiro dará nombre a la unificada plaza de A Feira y O Entroido de A Bandeira en Faro de Vigo (Consultado o 12/11/15)
- ↑ A Bandeira rinde tributo a su benefactor en Faro de Vigo (Consultado o 18/03/16)