Saltar ao contido

Casimiro Fernández Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCasimiro Fernández Otero
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Manduas, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 2000 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
A Bandeira, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Silleda
1976 – 1987
← Alfonso Trabazo LorenzoJuan José Salgueiro Montouto →
Alcalde de Silleda
1957 – 1966
← Manuel García CerviñoFernando Mosquera Martínez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Casimiro Fernández Otero, nado en Manduas en 1915 e finado na Bandeira o 23 de xullo de 2000,[1] foi un avogado e político galego, alcalde de Silleda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Combateu na guerra civil española. Afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi nomeado concelleiro de Silleda en 1940. En 1946 foi nomeado Xefe local do Movimiento. Foi alcalde de Silleda entre 1957 e 1966. Foi nomeado de novo alcalde en marzo de 1976, logo da morte de Alfonso Trabazo. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse por UCD, obtendo a maioría. Nas municipais de 1983 presentouse pola Coalición Independientes de Galicia (CIG), obtendo 7 concelleiros e a alcaldía grazas a un pacto co PSdeG. Posteriormente Casimiro Fernández expulsou os edís do PSdeG da Comisión de goberno e pactou con AP.[2]


Predecesor:
Manuel García Cerviño
 
Alcalde de Silleda
 
1957 - 1966
Sucesor:
Fernando Mosquera Martínez
Predecesor:
Alfonso Trabazo
 
Alcalde de Silleda
 
1976 - 1987
Sucesor:
Juan José Salgueiro Montouto

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Santa Viz Méndez e foi pai de Casimiro, María Santa, Javier, Luís Alberto, José Ramón, Juan Carlos e Antonio Fernández Viz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]