Juan Maldacena
Juan Martín Maldacena (Caballito, Bos Aires, 10 de setembro de 1968) é un físico teórico arxentino. O seu campo principal é a teoría de supercordas —ou Teoría M—, na que en 1997 publicou a coñecida como «conxetura de Maldacena», «dualidade de Maldacena» ou correspondencia AdS/CFT (anti-de Sitter/conformal field theory),[1][2] que propón a equivalencia entre teorías de gravidade cuántica e calquera teoría conforme de campos baixo determinadas condicións que satisfán o principio holográfico.[3]
Formación
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Bos Aires, e logo no Instituto Balseiro en Bariloche, ata o 1991. Pasou despois a Princeton, onde comezou a colaboración con Nathan Seiberg e se graduou en 1996.
En 2020 é físico no Institute for Advanced Study en Princeton, Nova Jersey, USA.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]- Sloan Fellowship (1998)
- Packard Fellowship (1998)
- Premio Unesco Husain para mozas e mozos científicos (1999)
- Bolsas MacArthur (1999)
- Premio Sackler en física (2000)
- Premio Xanthopoulos en Relatividade Xeral (2001)
- Medalla Pío XII (2002)
- Premio APS Bouchet (2004)
- Premio Dannie Heineman de Física Matemática (2007)
- Premio Dirac (2008)
- Medalla Oskar Klein (2012)
- Premio Pomeranchuk (2012)
- Premio en Física Fundamental de Yuri Milner (2012)
- Premio Konex en Física e Astronomía (2013)
- Medalla Lorentz (2018)
- Medalla Albert Einstein (2018)
- Medalla Galileo Galilei (2019)[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lamb, Evelyn. "Taking a risk on theoretical physics". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-24.
- ↑ Maldacena, Juan Martín (22 de enero de 1998). «The Large N Limit of Superconformal Field Theories and Supergravity». Adv. Theor. Math. Phys. 2:231-252,1998. Consultado el 28 de marzo de 2018. https://arxiv.org/pdf/hep-th/9711200.pdf
- ↑ Polchinski, Joseph (2007). Smolin, Lee; Woit, Peter, eds. "All Strung Out?". American Scientist 95 (1): 72–75. ISSN 0003-0996.
- ↑ Clarín.com. "El físico argentino Juan Martín Maldacena recibirá la Medalla Galileo Galilei y solo le falta el Nobel". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-09-24.
- ↑ "En su primera edición, la medalla Galileo Galilei es para Juan Martín Maldacena". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2020-09-24.