Juan Manuel Vales
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Manuel Vales Rodríguez 1956 (67/68 anos) Leiro, España |
Alcalde de Carral | |
1987 – 2003 – José Luis Fernández Mouriño → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Juan Manuel Vales Rodríguez, nado en Leiro (Abegondo) en 1956[1], é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Ciencias Empresariais, foi mestre da Universidade Laboral da Coruña. Residente en Carral, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Carral e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais de 1991. Volvería a ser elixido alcalde grazas ó apoio do BNG en 1995, 1999 e 2003. Porén, 25 de agosto de 2003 foi desaloxado da alcaldía por unha moción de censura promovida polo PPdeG co apoio de dous concelleiros nacionalistas[2], sendo ambos expulsados do BNG. Ó fin dese mandato retirouse da primeira liña política.
Predecesor: José Boga Bermudez |
Alcalde de Carral 1987 - 2003 |
Sucesor: José Luis Fernández Mouriño |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia A Coruña, 14-7-1987, p.28.
- ↑ "Cuatro años de fugas municipales". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 03 de decembro de 2011.