Juan Martínez Montañés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1568 Alcalá la Real, España |
Morte | 18 de xuño de 1649 (81 anos) Sevilla, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sevilla (1597–1649) |
Ocupación | escultor, pintor, arquitecto |
Período de actividade | 1583 - 1649 |
Movemento | Barroco |
Profesores | Pablo de Rojas (pt) |
Alumnos | Gaspar de la Cueva (pt) , Francisco de Ocampo Felguera e Juan de Mesa (pt) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Juan Martínez Montañés, nado en Alcalá la Real (Xaén) en 1568 e finado en Sevilla en 1649, foi un escultor barroco español. Educouse e formouse en Granada. Completou a súa educación en Sevilla, sendo recoñecido como o creador da escola sevillana de imaxinería.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa produción ten características máis clasicistas e maneiristas, que propiamente barrocas, aínda que ao longo da súa evolución artística apuntou formas de realismo barroquizante. A súa obra, estimulada pola súa fervorosa relixiosidade, é case toda de temática relixiosa, con excepción de dous retratos orantes de nobres e algúns encargos específicos.
En 1635 saíu por primeira vez de Sevilla, para ir a Madrid, onde fora contratado para realizar, en barro, o busto do rei Filipe IV, que xunto co retrato ecuestre de Velázquez, serviría como modelo para a estatua ecuestre que executou logo o italiano Pietro Tacca. Tal estatua está localizada actualmente na praza de Oriente de Madrid.
Gozou de gran fama e popularidade. En Sevilla chamábano o "deus da madeira" e en Madrid "o Lisipo andaluz".
Tivo como discípulo predilecto ao cordobés Juan de Mesa.
Obras
[editar | editar a fonte]- Retablo de San Isidoro del Campo (1609-1613) en Santiponce (Sevilla).
- Batalla dos Ánxos (1640) en Xerez da Fronteira (Cádiz).
- Neno Xesús (1606-1607)
- Inmaculada (1629-1631), coñecida como la Cieguecita.
- Cristo da Clemencia (1603-1604)
- San Xerome Penitente
- Cristo da paixón
- San Bruno
- Santo Domingo Penitente
- San Cristovo (1597)
- Cristo dos cálices
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Juan Martínez Montañés |