Saltar ao contido

Juan Moreno Jordán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Moreno Jordán
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata - 1986 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Juan Moreno Jordán, nado en Valencia o 12 de outubro de 1957, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e destacou principalmente no Castilla CF e no Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do histórico gardameta do Ontinyent, Juan Moreno Moreno,[1] tanto el como o seu irmán máis novo Antonio comezaron as súas carreiras nese mesmo club, co que Juan disputou as tempadas 1975/76 e 1976/77 da Terceira División. Ao ano seguinte marchou para Madrid, fichando polo Castilla CF, filial do Real Madrid. Xogou catro tempadas no filial branco, debutando nun partido contra o Bilbao Athletic no Santiago Bernabéu. No seu primeiro ano logrou o ascenso á Segunda División, e na tempada 1978/79 debutou na categoría de prata nun encontro fronte ao Granada no estadio Los Cármenes. Xogou un total de 107 partidos co Castilla, nos que anotou 10 goles.

Na tempada 1981/82 foi contratado polo Deportivo da Coruña, tamén de Segunda División. No club galego tivo un papel principal no cadro titular, xogando un total de 204 partidos durante os seus cinco anos de estadía na Coruña, chegando a xogar ata 51 encontros nunha soa tempada, a 1981/82. Algúns dos seus compañeiros no centro do campo foron José Luis Vara, Agustín Peralta, Fernando Muñoz, José María Cano ou Jaime Agulló.

Deixou o Deportivo en 1987 e regresou á Comunidade Valenciana, onde xogou catro anos máis en equipos da Segunda B: Alzira, Gandía e Olímpic.

Trala súa retirada como futbolista adestrou en tres etapas ao Ontinyent.[2]

  1. "Duelo por el fallecimiento del histórico portero del Ontinyent CF Juan Moreno" (en castelán). 26 de agosto de 2021. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  2. "Juan Moreno destituido como entrenador del Ontinyent". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]