Juan Pablo Martínez Cortés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) Zaragoza, España |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro de telecomunicacións, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Zaragoza (1999–) Universidade de Zaragoza |
Juan Pablo Martínez Cortés, nado en Zaragoza no ano 1976, é un enxeñeiro e profesor universitario aragonés. Enxeñeiro de Telecomunicacións na especialidade de comunicacións dende 1999 e doutor pola Universidade de Zaragoza dende 2005.
A súa traxectoria profesional desenvolveuse no Centro Politécnico Superior, primeiro, e despois na Escola de Enxeñaría e Arquitectura (EINA). Na actualidade é profesor titular da materia de Teoría do Sinal e Comunicacións no Departamento de Enxeñaría Electrónica e Comunicacións (IEC) da Universidade de Zaragoza.[1] Ademais, é membro e mestre de lingua aragonesa na Asociación Cultural Nogará-Religada.
A área de investigación na que se centrou o seu traballo é o procesamento do sinal, aplicado sobre todo a sinais biomédicos. Pertence ao "Grupo de Tecnologías de las Comunicaciones" do Instituto de Investigación en Enxeñaría de Aragón. No seu curriculum investigador atópanse unha setentena de publicacións en congresos e revistas internacionais dende 1999 até o día de hoxe.[2]
Lingua aragonesa
[editar | editar a fonte]Membro da Asociación Cultural Nogará-Religada onde é mestre,[3] tamén é dende o 15 de decembro de 2012 Membro Correspondente da Academia de l'Aragonés,[4][5] colaborando nos traballos de codificación con dita institución.
Juan Pablo é editor e colaborador habitual da Wikipedia en aragonés.[6] Tamén colabora coa Asociación Softaragonés, na que axudou á creación de software en aragonés, entre o que sobresae o paquete oficial deste idioma para o navegador Mozilla Firefox.[7] Ademais, desenvolveu tecnoloxías de lingüística computacional como a versión en aragonés do tradutor automático Apertium[8] ou o corrector ortográfico baseado en Hunspell, desenvolvido en colaboración con Santiago Paricio.
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Por outra parte, Juan Pablo Martínez Cortés tamén está interesado pola historia e pola xenealoxía de Aragón, sendo membro fundador da xunta directiva da Asociación Cultural de Xenealoxía e Historia de Aragón (AragónGen).[9]
Obras
[editar | editar a fonte]Publicacións científicas relativas á lingua aragonesa
[editar | editar a fonte]- S. Paricio Martín e J.P. Martínez Cortés (2010): Noves vies de revitalització per a llengües minoritzades: la repercussió d'internet en el cas de l'aragonès, en Digithum, número 12. Universidade Aberta de Cataluña. Versións en castelán e inglés.
- J.P. Martínez Cortés, J. O'Regan e F. Tyers: Descripción y evaluación de un analizador/generador morfológico para el aragonés, como base para un sistema de traducción automática mediante transferencia, na VI Trobada d'estudios e rechiras arredol d'a luenga aragonesa e a suya literatura.
- Juan Pablo Martínez Cortés, Jim O'Regan, Francis Tyers: Free/open-source shallow-transfer based machine translation for Spanish and AragoneseArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Proceedings of the 8th Conference on Language Resources and Evaluation, LREC2012, pp. 2553-2557. (en inglés)
- S. Paricio Martín e J.P. Martínez Cortés: El desarrollo de herramientas de lingüística computacional para el aragonés". Actas del XXX Congreso Nacional de Lingüística Aplcada, AESLA 2012, pp. 494-500. Leida.. (en castelán)
- J.P. Martínez Cortés e S. Paricio Martín: 'Las TIC como herramienta en la revitalización de lenguas en peligro: el caso del aragonés. Actas da Xornada "Internet y la promoción de la diversidad lingüística", Catedra Unesco de Patrimonio Linguístico Mundial da Universidade do País Vasco (UPV-EHU), Bilbao, (en prensa). (en inglés)
- J.P. Martínez Cortés: Opportunities, risks and challenges of social media for (very) endangered languages: the case of Aragonese. Expert Seminar on Social Media and Lesser Used Languages, Mercator-Research, Academia Frisia e Goberno Vasco, Ljouwert (Países Baixos). (en inglés)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martínez Cortes, Juan Pablo". Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ "Publicacións persoais de Juan Pablo Martínez Cortés". Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Cursos Nogará. (en aragonés)
- ↑ L'Estudio de Filolochía Aragonesa incorpora seis nuevos miembros Arquivado 03 de abril de 2016 en Wayback Machine.. (en aragonés)
- ↑ El aragonés incorpora seis académicos (en castelán)
- ↑ Aragón, Guillermo (8 de setembro de 2010). "El aragonés triunfa en Wikipedia". El Heraldo. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ "Aragonese Language Pack por softaragones". Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ "Traductor automatico Apertium". Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ "Organización". Consultado o 18 de febreiro de 2018.