Juan Padrón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1947 Provincia de Matanzas, Cuba |
Morte | 24 de marzo de 2020 (73 anos) A Habana, Cuba |
Educación | Universidade da Habana |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, pintor, produtor de cinema, escritor |
Período de actividade | 1969 - |
Premios | |
| |
Juan Manuel Padrón Blanco, nado en Matanzas o 29 de xaneiro de 1947 e finado na Habana o 24 de marzo de 2020,[1] foi un caricaturista, realizador de debuxos animados, ilustrador, historietista e guionista cubano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Acadou a licenciatura de Historia da Arte na Universidade da Habana. Os seus primeiros traballos aparecen por primeira vez no suplemento estudantil Mella. Traballou como cámara de mesa na sección filmica das FAR (Fuerzas Armadas Revolucionarias). En 1970 publicou na revista Pioneiro o seu popular personaxe Elpidio Valdés.
Comezou a traballar no ICAIC (Instituto Cubano de Arte e Industrias Cinematográficas) en 1974 como director de debuxos animados. Creador ademais das series de animados Filminuto e Quinoscopio, este último en colaboración co humorista arxentino Quino, creador de Mafalda. Realiza a súa primeira longametraxe en 1979, Elpidio Valdés), e o segundo, Vampiros en La Habana, en 1985. Foi tamén membro da directiva da UNEAC.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece en Cuba el conocido realizador audiovisual Juan Padrón". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020.