Juan Penabad Muras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1969 (55 anos) Ortigueira, España |
Alcalde de Ortigueira | |
2015 – 2023 ← Rafael Girón Martínez | |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro forestal |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Juan Vicente Penabad Muras, nado en Ortigueira o 20 de maio de 1969, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro forestal de fomación, traballou dende 1989 na empresa privada. Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ortigueira, conseguindo doblar a representación do partido (de 3 a 6 concelleiros) e quedando a tan só un concelleiro de gañarlle ao PPdeG e consegui-la alcaldía. Nas municipais de 2015 foi de novo candidato socialista e foi elixido alcalde con maioría absoluta, con 7 concelleiros, sendo o primeiro alcalde socialista de Ortigueira en toda a democracia. Nese mandato foi designado deputado provincial. Durante esa lexislatura sufriu unha escisión de 3 concelleiros no seu grupo político que o deixaron en minoría.
Volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 2019 e volveu gañar, pero perdeu a maioría absoluta (conseguiu 6 concelleiros), conseguindo acceder á alcaldía coa abstención do único concelleiro da formación Primeiro Ortigueira, ao ser o cabeza da lista máis votada e gobernando en minoría. A finais de 2020 dimitiron 3 edís por discrepancias, pero ó renunciar estes ás dúas actas foron cubertas por outros membros da lista. Nas elección locais de 2023 pasou a 4 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que conseguiu 5.
Predecesor: Rafael Girón Martínez |
Alcalde de Ortigueira 2015 - 2023 |
Sucesor: Valentín Calvín Fondevila |