Juan Rodríguez Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1912 ![]() Torbeo, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xastre, maquis ![]() |
Juan Rodríguez Vázquez, coñecido como Rito, nado en Torbeo (Ribas de Sil) cara a 1912, foi un xastre e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Tomás Rodríguez e Josefa Vázquez. Xastre en Torbeo. Militante do PSOE, participou en actos e propaganda do partido. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Liderou un grupo de fuxidos que actuaba ao sur de Monforte, na conca do Sil. O 20 de xullo de 1937 mataron o carteiro de Torbeo.[1] Foi detido o 7 de novembro de 1940 e xulgado en Lugo o 8 de maio de 1943 por rebelión militar. Foi condenado a 30 anos de reclusión, posteriormente conmutada por 20 anos e un día. En 1942 iniciose un expediente de responsabilidades políticas contra el.[2] Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo, da que saíu en liberdade condicional en xullo de 1944.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado". Consultado o 04 de agosto de 2020.
- ↑ BOE, 26-3-1943, p. 1166.
- ↑ BOE, 22-8-1944, p. 6363.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Valencia: Publicacions de la Universitat de València. p. 178. ISBN 978-84-370-9089-4.