Juan Sarmiento Patiño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1911 San Martiño de Porto, España |
Morte | 1 de agosto de 1997 (86 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Pontedeume | |
1940 – 17 de setembro de 1970 – Celestino Sardiña Fernández → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Premios | |
|
Juan Sarmiento Patiño nado en San Martiño do Porto (Cabanas) o 23 de febreiro de 1911 e finado o 1 de agosto de 1997, foi un político galego, alcalde de Pontedeume desde 1940 ata 1970.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de cursar os estudos de Bacharelato por libre, preparouse para o ingreso na Escola de Máquinas da Armada. A instauración da II República Española en 1931 impediulle a súa aspiración, xa que logo o goberno republicano pechou a Escola.
Durante o período republicano exerceu como mestre interino ata o comezo da guerra civil, na que participou na fronte de Asturias como voluntario no bando dos sublevados. Posteriormente, e tras o paso pola Academia de Suboficiais de León, acadou o grao de sarxento.
O 12 de decembro de 1940 foi nomeado alcalde de Pontedeume. Logo da súa marcha da alcaldía, o 17 de setembro de 1970, a nova corporación nomeouno Fillo Adoptivo de Pontedeume e deulle o seu nome a un parque da vila, en sesión do 30 de setembro de 1971.
Predecesor: Germán Pérez Baamonde |
Alcalde de Pontedeume 1940 - 1970 |
Sucesor: Celestino Sardiña Fernández |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. no artigo de Carlos de Castro Álvarez Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume no nº 11 (2004) da revista Cátedra.