Saltar ao contido

Juan Téllez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Téllez López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1878 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1915 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario, escritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJuan Téllez y Vicén Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1028204

Juan Téllez López, nado en Madrid o 9 de outubro de 1878 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1915, foi un veterinario, escritor e xornalista español.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Téllez Vicén,[3] Estudou no Instituto San Isidro e despois na Escola de Veterinaria de Madrid. En 1900 foi nomeado catedrático de Fisioloxía, Hixiene, Mecánica animal, Aplomos, Pelos e Modos de Criticar da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela,[4] permanecendo no posto até 1904, cando ingresou no Corpo de Veterinaria Militar.[5] Foi director de La Verterinaria Escolar (1901), Ciencia y Arte (1902) e Revista Veterinaria (1903). Colaborou en La Idea Moderna. Autor de Enciclopedia de cultura general,[3] publicou tamén diversas obras de carácter literario como Mater admirabilis (en El Cuento Semanal),[6] Cuentos para Mimí, De espaldas al sol,[3] e a súa novela póstuma Vidas sin vida.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con María Cavida Marqués en 1901.[7]

  1. "Téllez y López (Juan)". Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana LX. Madrid: Espasa-Calpe. 1928. p. 651. 
  2. "Noticias cortas". Las Provincias (Valencia) (16.096): 3. 2 de julio de 1915. ISSN 1578-7834. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Rof Codina 1915, pp. 433-435.
  4. Pérez Maceira, J.J.; Conde Gómez, D. (2014) Juan Rof Codina. Veterinario e Divulgador. O Album da Ciencia 2014. Unidade didáctica: A renovación agrícola gallega. p. 17-18..
  5. La Correspondencia Gallega, 2-8-1904, p. 2.
  6. "Publicaciones". El Liberal (Madrid): 2. 22 de enero de 1909. ISSN 2174-6648. 
  7. La Idea Moderna, 4-7-1901, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]