Saltar ao contido

Juan Varela de Limia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Varela de Limia García»)
Modelo:BiografíaJuan Varela de Limia
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1951 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
16 de outubro de 1936 – 9 de novembro de 1936
← José Puente CastroManuel García Diéguez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Juan Varela-de Limia García, finado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1951[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Varela-de Limia López. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1921). Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro e Tenente-Alcalde de Santiago de Compostela e deputado provincial. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil gobernativo de Santiago de Compostela o 16 de outubro de 1936, para substituír a José Puente Castro[2]. Permaneceu só uns días como Alcalde, pois o 6 de novembro foi cesado, e o comandante Manuel García Diéguez volveu tomar posesión do cargo de delegado civil gobernativo[3]. A Corporación presidida por el autorizou mercar as casas situadas na praza de Praterías para construír o edificio do Banco de España.


Predecesor:
José Puente Castro
 
Alcalde de Santiago
 
1936
Sucesor:
Manuel García Diéguez

Era Cabaleiro da Orde de Malta, e conselleiro do Banco de España.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Victoria Quiroga Ayala o 14 de maio de 1926[4].

  1. Necrolóxica en La Noche, 1-9-1951, p. 2.
  2. El Compostelano, 17-10-1936, p. 2.
  3. El Compostelano, 6-11-1936, p. 2.
  4. El Compostelano, 14-05-1926, p. 2.