Saltar ao contido

Juan de Callejón Villegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan de Callejón Villegas
Biografía
Nacemento1816 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata

Juan Bartolomé de Callejón Villegas, nado en Berja en 1816 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1890, foi un militar, diplomático e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na Academia Militar de Toledo. En 1835 foi destinado a Cataluña para loitar contra as partidas carlistas. En 1841 foi destinado ao rexemento da costa de Almería. Retirouse do Exército en 1845. En 1858 foi nomeado vicecónsul cónsul de España en Nova Orleáns e coa morte do cónsul ocupou o seu posto durante a Guerra civil estadounidense. Despois foi cónsul en Alxer.[1] No Sexenio Democrático foi elixido deputado por Celanova nas eleccións de agosto de 1872. Era un dos propietarios dos terreos do dique de Vigo. Finou en Madrid en xullo de 1890.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Cabaleiro da Real Orde de Carlos II e Isabel a Católica.
  • Cruz Laureada de San Fernando.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Marie Héloïse Kennedy Massicot, e foi pai de Ventura, Juana e Gabriela de Callejón Kennedy.

  1. La Época, 17-10-1868, p. 2.
  2. El Regional, 18-7-1890, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. . ISBN 84-87987-25-7.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]