Juan de la Cosa (barco)
Aparencia
Juan de la Cosa (barco) | |
---|---|
O Juan de la Cosa en Vigo, 2008 | |
Historial | |
Características xerais |
O Juan de la Cosa é un buque hospital de manufactura española, utilizado polo Instituto Social da Mariña, dependente do Instituto Nacional da Seguridade Social. O seu distintivo de chamada é ECJE e o seu número IMO é 9328156. Foi fabricado nos estaleiros Factorías Juliana de Xixón e botado ao mar no ano 2006. Recibe o nome de Juan de la Cosa, para homenaxear o cartógrafo e navegante cántabro.
O Juan de la Cosa é o segundo barco deste tipo en España, tras o barco Esperanza del Mar. Este barco ten como cometidos principais o de asistir á frota pesqueira, aos mariñeiros mercantes e prestar apoio técnico e loxístico aos buques situados nas súas proximidades.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan de la Cosa |