Saltar ao contido

Juana Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuana Francés
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1924 Editar o valor en Wikidata
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInfarto agudo de miocardio
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePablo Serrano (1956–) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1954Bienal de Venecia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX907659

Juana Francés nada en Alacant en 1924 e finada en Madrid en 1990 foi unha pintora española[1][2]. Acadou fama internacional e as súas obras foron expostas en Londres, Venecia e Nova York como unha das artistas españolas de vangarda máis importantes do século XX.

Foi cofundadora do Grupo El Paso (1957) e participou da configuración e definición da vangarda española de posguerra.[3] As súas obras destacan dentro da corrente informalista cunha pintura matérica moi radical e expresiva, aínda que nunca deixou de explorar outros camiños pictóricos de expresión adiantándose á nova figuración con obras impregnadas de crítica social.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Juana Francés iniciou os seus estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e viaxou máis tarde a París cunha bolsa do goberno francés onde terminou a súa formación. Nos anos 1954, 1960 e 1964 representou a España na Bienal de Venecia. En 1956 coñeceu ao escultor Pablo Serrano co que máis tarde contraxo matrimonio. En 1957 fundou xunto a Pablo Serrano, Antonio Saura e Manolo Millares, entre outros, o Grupo El Paso, sendo a única muller do colectivo e polo tanto un caso paradigmático na arte contemporánea español de vangarda dominada case en exclusiva por homes.[1] En 1960 formou parte da exposición Before Picasso, after Miró no Solomon R. Guggenheim Museum de Nova York; en 1961 no Palais de Beaux-Arts de Bruxelas, e en 1962 na Tate Gallery de Londres na exposición titulada Modern Spanish Painting. Estes datos evidencian que foi practicamente a única artista española que expuxo no estranxeiro nese período.

Navega indistintamente entre a abstracción e a figuración, entendéndose ámbolos dous conceptos non de maneira antitética senón complementaria, e como opcións diferenciadas de formulacións que teñen moito en común. Pois «a abstracción e a figuración, en si mesmas non comportan unha tendencia, unha idea, nin unha actitude, senón un medio, un vehículo, e unha forma de desenvolver unha tendencia». Así que en cada etapa, achegaríase á linguaxe que máis lle satisfixese para materializar os seus intereses e ideas.

A obra de Juana Francés é sempre moi persoal e reconocible. Nalgúns períodos creativos, as súas obras revela unha postura crítica que arremete de maneira simbólica contra certos aspectos do sistema social imperante. A primeira etapa entre 1950 e 1953 caracterízase pola presenza dunha figuración hierática xeometrizante, con temas de corte moi tradicional. Posteriormente, en 1956 comezou experimentar coa abstracción. En 1957 tras a fundación de El Paso, comezou unha etapa adscrita ao informalismo matérico.[1]

Nos primeiros sesenta, insinúase na súa obra unha paulatina volta á figuración que desemboca máis adiante na serie O home e a cidade, momento de crítica, e pesimismo existencial na que utiliza obxectos relacionados cunha determinada visión do home como suxeito escravizado envolto no falso progreso deshumanizador. Esta visión evoluciona posteriormente na serie Torres-Participación e máis tarde na serie Estruturas, até 1979. A partir da década dos oitenta retornou a unha abstracción de gran lirismo, plena de cor e vitalidade, con referencias a paisaxes, fondos submarinos, cometas, etc. Un aspecto relevante a destacar nesta traxectoria son os períodos de transición entre unha etapa e outra que denotan rastreos, toma de decisións e que anuncian os cambios que despois se desenvolverán en diferentes series.

A súa obra expúxose polos museos máis importantes de América e Europa como o Museo de Arte Moderna da Vila de Paris, a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa, a Brown University de Providence, Rhode Island, a Tate Gallery de Londres ou o Museo Guggenheim de Nova York. A colección de Amos Cahan posúe no seu catálogo unha das súas obras.[4]

A colección Juana Francés do IAACC Pablo Serrano conta con máis de 150 obras entre pintura, debuxo, obra gráfica e escultura. A partir de 2023, a cuarta planta de devandito museo albergará unha colección permanente da artista en sinal de recoñecemento.[5]

Á súa morte, quixo que o volume total da súa obra fose conservado en coleccións públicas das catro cidades españolas coas que tivera algún vínculo emocional: IAACC, Museo Pablo Serrano de Zaragoza, MACA, Museo de Arte Contemporánea de Alacant, IVAM, Instituto Valenciano de Arte Moderna e o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía de Madrid.[6]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 VV.AA (1998). Mujeres que fueron por delante. Dones que van anar al davant. ISBN 84-482-1753-5. 
  2. RAMÓN FERNÁNDEZ PALMERAL (2022-12-20). "Juana Francés Una olvidada pintora alicantina". Consultado o 2024-07-25. 
  3. EC12, Colaboradores (2024-06-06). "La exposición más completa hasta la fecha del grupo El Paso se da cita en Valencia". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2024-11-20. 
  4. "Arte español en Nueva York 1950 1970 Colección Amos Cahan". 1986. 
  5. "Colección Juana Francés" (en castelán). Consultado o 2023-02-06. 
  6. Castells, Rosa Mª (2007). "El Legado de Juana Francés en Alicante" (PDF). Consultado o 01-08-2022. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]