Saltar ao contido

Xogos florais da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juegos Florales de La Coruña»)
Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[1]

Os xogos florais da Coruña tiveron lugar o 2 de xullo de 1861 no Teatro Principal (hoxe Teatro Rosalía de Castro) da Coruña, organizados por Juana de Vega (condesa de Espoz e Mina) e Benito Vicetto seguindo o exemplo dos Jocs Florals que se celebraran en Cataluña en 1859 a imitación dos occitanos. Foron os primeiros xogos florais celebrados na Galiza contemporánea.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Só unha das composicións premiadas estaba en galego, A Galicia de Francisco Añón. Francisco María de la Iglesia foi o encargado de ler a memoria, que aínda que en castelán, defende afervoadamente o uso do galego.

Os traballos que se presentaron (xunto con outras obras de poetas galegos) publicáronse en 1862 grazas ás achegas económicas de José Pascual López Cortón no libro Álbum de la Caridad, que supuxo o comezo do verdadeiro renacemento da literatura galega. Entre as obras presentadas estaba o poema "A campana d'Anllóns" de Eduardo Pondal.

Premios

  • Francisco Añón, primeiro accésit ao primeiro premio, o da flor natural, como autor da composición en galego A Galicia.
  • Luís Rodríguez Seoane: premiado coa rosa de prata e ouro, como autor da composición A la Religión.
  • Federico Alejos Pita: co primeiro accésit ao premio da rosa de prata e ouro, como autor da composición A la Religión.
  • Francisco Pérez de Villaamil: premiado co jazmín de prata como autor da composición A la caridad.
  • Domingo Camino co primeiro accésit ao premio do jazmín de prata como autor da composición A la caridad.
  • Antonio de San Martín co primeiro accésit ao primeiro premio do lirio de ouro e prata como premio da composición A María Pita.
  • Antonio García Vázquez Queipo, premiado co pensamento de ouro como autor de Al Enamorado Macías.
  • Benito Vicetto premiado co primeiro accésit ao pensamento de ouro como autor de Al Enamorado Macías.
  • Juán Manuel Paz premiado co segundo accésit ao pensamento de ouro como autor de Al Enamorado Macías.
  • Salustio Víctor Alvarado, premiado co caravel de prata, como autor do discurso Sobre la Necesidad de escribir la historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días y su utilidad para el porvenir.
  • Ramón Barros Sibelo premiado co primeiro accésit ao caravel de prata, como autor do discurso ao mesmo asunto co anterior.
  • Xosé Villaamil y Castro: premiado co xacinto de ouro como autor do Discurso acerca de la situación del monte Medulio y sus incidencias históricas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]