Saltar ao contido

Julen Bollain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulen Bollain

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Eibar, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
21 de outubro de 2016 – 11 de febreiro de 2020

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do País Vasco - doutoramento en Economía (–2021) Editar o valor en Wikidata
Director de teseDaniel Raventós Pañella (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPodemos Editar o valor en Wikidata

Twitter: JulenBollain Telegram: bollainjulen Editar o valor en Wikidata

Julen Bollain Urbieta, nado en Éibar o 28 de marzo de 1990, é un economista, político e investigador vasco especializado en renda básica incondicional. Foi electo nas eleccións autonómicas do 25 de setembro de 2016 por Elkarrekin Podemos na XI lexislatura do Parlamento Vasco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Éibar o 28 de marzo de 1990 no seo dunha familia de clase media, vencellada historicamente coa industria eibarresa.

Carreira universtaria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de licenciado en Administración e Dirección de Empresas na póla de recursos humanos na Universidade do País Vasco en Bilbao e na Université Saint-Louis en Bruxelas. Nada máis rematar a licenciatura completou con mérito un máster en Xestión Internacional e Relacións Internacionais na Oxford Brookes University (Inglaterra).

Ó ano seguinte de rematar a súa estadía en Oxford, obtivo o Goethe-Zertifikat de alemán polo Instituto Goethe, dominando así o éuscaro, o castelán, o inglés, o francés e o alemán.[1]

No ano 2015 comezou un doutoramento en Integración Económica baixo a dirección de Daniel Raventós e Jesús Ferreiro sobre a renda básica incondicional, escribindo varios artigos, impartindo parolas e formacións e asistindo a congresos tanto nacionais e como internacionais.[2]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Logo de ter rematado o máster e dando así por finalizada a súa estadía en Oxford en setembro de 2013, comeza a súa carreira profesional na empresa privada. Durante dous anos exerce os labores de director de exportacións nunha empresa do sector metalúrxico.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Participou no movemento 15M, nas asembleas realizadas en Bilbao no 2011, e na Marcha Popular Indignada o 8 de outubro do mesmo ano en Bruxelas.

Forma parte de Podemos dende os seus comezos e é o secretario xeral deste partido en Éibar dende o 2 de xaneiro de 2015 logo de ter sido elixido pola militancia cun 55% dos votos.[3]

Presentouse ás eleccións autonómicas do País Vasco de 2016 por Elkarrekin Podemos, obtendo o acta de parlamentario o 21 de outubro de 2016.[4] Converteuse no parlamentario máis novo da XI lexislatura.[5]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Revista Vasca de Economía Social

[editar | editar a fonte]
  1. "Mujer, 44 años y con estudios superiores, retrato de las candidaturas vascas". eldiario.es. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  2. "La Red Renta Básica en el XVI Congreso de la Basic Income Earth Network (Seúl, 7-9 de julio de 2016)". www.redrentabasica.org. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  3. "Hannot Sansinenea es elegido secretario general de Podemos en Donostia". diariovasco.com. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  4. "Ficha personal en el Parlamento Vasco". www.legebiltzarra.eus. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  5. "Elecciones vascas: Julen Bollain: «Es un sentimiento unánime que Pili Zabala ha cumplido con creces»". diariovasco.com. 27 de setembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016.