Julián Sanz del Río
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1814 Torrearévalo, España |
Morte | 12 de outubro de 1869 (55 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′18″N 3°38′09″O / 40.421689, -3.635797 |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Granada Real Universidade de Toledo (pt) Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, pedagogo, xurista, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade de Alcalá (histórica) (pt) Universidade Central Universidade de Granada |
Alumnos | Francisco Giner de los Ríos e Federico de Castro y Fernández (en) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Julián Sanz del Río, nado en Torrearévalo (provincia de Soria) o 10 de marzo de 1814 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1869, foi un filósofo, pedagogo e xurista español, un dos impulsores do krausismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Granada e logo en Madrid, onde será catedrático de Historia da Filosofía. En 1843 foi enviado a ampliar estudos en Alemaña, impregnándose alí da filosofía de Krause, que difundirá en España ao seu regreso, o que orixinará unha rama española do krausismo, provocando importantes mudanzas na vida intelectual deste país nos séculos XIX e XX.
Un dos seus discípulos máis destacados foi Francisco Giner de los Ríos, fundador e director da Institución Libre de Enseñanza.
Obras
[editar | editar a fonte]Entre as súas obras salientan:
- Lecciones para el sistema de filosofía analítica de Krause (1850).
- Sistema de filosofía; Metafísica (Primeira parte) e Análisis, 1860 (Segunda parte).
- Síntesis, (1874).
- Análisis del pensamiento racional (1877).
- Filosofía de la muerte (1877).